Coia volve bailar a 'A Regueifa'

A parroquia de San Martiño de Coia, no día do seu patrón, recuperou esta danza

Dous momentos da danza, interpretada onte por primeira vez en Vigo, en Coia.
Dous momentos da danza, interpretada onte por primeira vez en Vigo, en Coia.

O baile da regueifa é unha danza tradicional, derivada da muiñeira vella, que se bailaba nos casamentos, polos noivos ou padriños, para repartir entre a veciñanza un bolo de pan que recibía ese nome de ‘regueifa’. A parroquia de San Martiño de Coia, no día do seu patrón, recuperou esta danza.

A peza segue unha coreografía, que nunca antes se interpretara en Vigo, montada nos anos 50 por José Iglesias “Melitón”, director de Vento das Cíes e mestre de Rogelio Filgueira, actual responsable de Ventos de Comesaña, a formación encargada de executala onte con cinco danzantes.

Contenido patrocinado

stats