Comeza a rodaxe do primeiro filme sobre Moncho Reboiras
a. baena. vigo
O director vigués, Alberte Mera, recollerá testemuñas no lugar de Imo (Dobro), Teis e Ferrol
“Hai películas moi necesarias sobre persoas que deron a vida por causas xustas e falta a de Moncho Reboiras”. Con este convencimento, Alberte Mera (Vigo, 1987) iniciou onte a rodaxe de “Reboiras. Acción e corazón”, que se estreará en 2020, coincidindo co 45 aniversario da súa morte, tras ser tiroteado pola policía franquista en Ferrol. Vivía na clandestinidade ao ser un membro destacado da Unión do Povo Galego (UPG). “Hoxe en día o audiovisual é a maneira máis eficaz de comunicación e o obxectivo deste filme é dar a coñecer a súa figura, porque a historia galega sempre fica en segundo plano”.
A primeira sesión de rodaxe tivo lugar onte no Concello de Teo. Entrevistou a Elvira Souto e Lois Ríos, as persoas que estaban con el no piso de Ferrol e que lograron escapar. “Queremos reconstruir a vida e o seu pensamento a través de unhas quince entrevistas, pode que algunha máis, a testemuñas que falen de primeira man para amosar un retrato fiel da persoaxe”.
As localizacións do documental foron escollidas pola súa trascendencia na vida de Reboiras. Así, rodaraxe en Imo, parroquia do Concello de Dobro onde naceu; no barrio de Teis, onde se instalaron os seus pais cando era neno e onde medrou, para acabar en Ferrol, cidade na que foi represariado aos 25 anos.
“Eu son veciño de Teis e na casa sempre escoitei falar de Reboiras, é unha figura moi familiar, un referente na loita contra o franquismo; sorprendinme ao me decatar que hai moita xente que non sabe quen é”, afirma Mera, quen conta cun equipo de quince profesionais para a primeira parte da película, a documentación. “Tamén queremos rodar secuencias ficcionadas de anécdotas ou momentos importantes, pero eso aínda está en proceso”.
Proxectan deitar un libro de relatos coas testemuñas, fotografías e doucmentación, ademáis dun DVD coa película. Colgarase na rede (www.reboiras.gal), ao tempo que estudan a súa distribución en salas de exhibición. Conta co apoio da Fundación Terra e Tempo e abríu unha campaña de micromecenazgo para axudar á producción. A través gl.goteo.org iniciaron unha campaña para recuadar un máximo de 20.000 euros e un mínimo de 13.000. Nos nove primeiros días xa reuniron 9.000 euros. “Fago un chamamento aos comprometidos coa Memoria Histórica, as aportacións son moi importantes porque este é a primeira película sobre Moncho Reboiras e ten que ser dunha calidade excepcional”, apuntóu Mera.
Contenido patrocinado
También te puede interesar