Concello e Xunta avanzan na redacción do novo Plan Xeral

vigo

A comisión de seguimento Concello-Xunta sobre o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal reuníuse onte por segunda vez.

redacción. vigo localad@atlantico.net
Publicado: 19 mar 2016 - 10:49

Estivo presidida pola secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, acompañada do delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, contou coa asistencia da concelleira de urbanismo, María José Caride, e o xerente de urbanismo, José Carlos Hernández Figueruelo.

O encontro serviu para seguir avanzando na recompilación da documentación necesaria para empezar a redacción do Plan. Neste senso a concelleira Caride trasladou que o Instituto de Estudos do Territorio, dependente da Consellería de Medio Ambiente, xa achegou ao Concello de Vigo a documentación solicitada (afecciones sectoriais: augas, infraestruturas, patrimonio, protección da natureza, paisaxe e incidencia da delimitación da costa) para iniciar a redacción do primeiro borrador do PXOM e do documento inicial estratéxico para o comezar a súa tramitación ambiental. A nova lei do Solo de Galicia, que entra en vigor hoxe, simplifica e axiliza a tramitación do PXOM ao unificar o procedemento urbanístico co ambiental. Rivas Díaz e o seu equipo reiteraron o ofrecemento da Xunta de colaborar e asesorar ao Concello, e que a aplicación da Lei de Medidas Urxentes (lei Vigo) achegará axilidade, eficacia, e seguridade xurídica aos proxectos públicos de excepcional interese público para Vigo. n

Contenido patrocinado

stats