Concello de Nigrán e Discamino xuntan forzas

Unha nova experiencia de paseo en bici para os maiores con enfermidades neurodexenerativas

Membros do colectivo vigués Discamino, que participa na actividade.
Membros do colectivo vigués Discamino, que participa na actividade.

O Concello de Nigrán e a ONG 'Discamino' volveron aliarse para ofrecer, por terceira vez, un paseo en bicicleta adaptada a 8 maiores usuarios do centro municipal de atención a persoas con enfermidades neurodexenerativas, en Panxón. O roteiro transcurríu desde o paseo marítimo de Panxón a Praia América, regresando por Estrada pola Vía, e a xornada finalizou cunha merenda no propio centro municipal, ubicado nas instalacións do CEE de Panxón. Os voluntarios de Discamino e os traballadores deste centro foron os encargados de pedalexar xunto a eles. "Estes paseos outorganlles unha gran sensación de liberdade e de saúde física e mental, porque grazas á bicicleta reviven recordos agradables da súa infancia ou xuventude", explica María Mayán, edil de Maiores. "Esta imaxe é a esencia do que significa 'Un Nigrán para todos' e do que buscamos para o noso municipio", resume o rexedor, quen agradece o traballo altruísta de 'Discamino' . O Concello de Nigrán dispón dunha bicicleta adaptada con cadeira de rodas, outra igual pero con motor eléctrico, unha cadeira todoterreo monorroda tipo Joëlette, dous triciclos tándem tipo co-pilot e unha bicicleta adaptada, as cinco con base no pavillón municipal de Panxón e empregadas con asiduidade por usuarios do CEE Juan María ou por quen as solicite, como é o caso.“heO Concello de Nigrán e a ONG Igaxes abren ata o 10 de xuño o prazo de inscrición no torneo de fútbol-praia ‘Stop Odio’ de Brais Méndez o 15 e 16 de xuño en Praia América-Lourido. Este está dirixido a categorías infantil (nados en 2010 e 2011) e cadete (nados en 2008 e 2009) e a inscrición debe realizarse a través dun formulario web a través de www.igaxes.org.

Brais Méndez

Por outra banda, o futbolista galego Brais Méndez, xogador da Real Sociedad que como futbolista profesional sufriu e viviu en primeira persoa ataques e insultos nos estadios de fútbol, lidera a iniciativa Igaxes nun esforzo por combater o odio na sociedade e promover valores de respecto e igualdade. No marco desta alianza, organizan unha serie de accións: conversas entre Brais Méndez e persoeiros destacados da cultura e o deporte, obradoiros de sensibilización contra o odio en escolas e clubes deportivos, así como este torneo de fútbol praia.

Contenido patrocinado

stats