A Deputación reabre en Vigo coa Escola de Letras Galaxia

LA NUEVA NORMALIDAD

redacción. vigo
Publicado: 16 jun 2020 - 03:14
Silva, onte con Castro e Teijeiro, na sede de Vigo.
Silva, onte con Castro e Teijeiro, na sede de Vigo.

n n n “Imos encher a sede da Deputación en Vigo de letras e historias”, asegurou Carmela Silva, porque “apostar pola cultura é apostar por un país como o noso que sempre foi un referente cultural”. Arroupada polos escritores Francisco Castro, Inma López Silva, Antonio García Teijeiro e Diego Giráldez que serán os docentes, Silva subliñou o papel de referencia cultural da sede da Deputación en Vigo, que abriu as súas portas á normalidade da man do primeiro obradoiro da Escola de Letras de Galaxia. O obradoiro desenvolverase na sala Rosalía Castro e “rodearase” da mostra “Sempre marzo”, un proxecto comisariado por Yolanda Castaño que, tal e como destacou a presidenta, “está tamén ligado á cultura, á poesía e vincula a palabra con artes plásticas”. A Escola de Letras da Deputación, que conta con dúas sedes en Vigo e Pontevedra, nace con sete obradoiros que esgotaron en pouco menos de media hora a totalidade das súas prazas. O primeiro, de Escritura Creativa Básica, impartido por Francisco Castro, director de Galaxia, continuará o 22 de xuño, e en setembro. Neste obradoiro, que ten unha lista de agarda de máis de cen persoas, afondarase no desenvolvemento da creatividade, experimentación literaria e pracer de escribir cunha perspectiva lúdica e participativa. O director de Galaxia, Francisco Castro, fixo fincapé na idea orixinaria da escola, centrada en que “todas as persoas temos unha historia que contar". n

Contenido patrocinado

stats