Domingo Villar ponse a proba como autor de comedia teatral
vigo
O novelista vigués falou da súa relación coa literatura e dos seus gustos lectores, convidado polo Club Gamboa
nnn Recoñécese omnívoro, no que a lecturas se refire, aínda que nestes intres o que máis consume Domingo Villar é o relato breve, contos fundamentalmente, e tamén moito teatro: “Estou a escribir unha obra e leo moito para facerme coa técnica e aprender o ritmo narrativo”, afirmou en declaracións para Atlántico.
Da dramaturxia destaca a limpeza que esixen os seus textos: “Describe o que lle pasa aos personaxes dende fóra, non coma nas novelas que se fai dende dentro”.
A súa experiencia no xénero remóntase a algunha peza nos seus anos universitarios. Recoñece que o seu obxectivo é que chegue aos escenarios: “Escríboa coa intención de que se represente, precisaba un cambio radical, facer algo distinto despois de estar tanto tempo metido na cova con ‘O último barco”.
Autor de referencia en novela negra, a última entrega de Leo Caldas superou tódolas expectativas convertíndose en superventas tanto en galego como na súa edición en castelán. “Despois de dez anos sen publicar non agardaba esta acollida, pensei que os lectores xa se terían esquecido non so de min, se non tamén dos meus personaxes, porén estou recibindo un agarimo sorprendente”.
Co tempo repartido entre o teatro e a promoción do libro, aínda non puido comezar a seguinte trama, que se ben xa ten esbozada: “Estou desexando empezar a escribir outra novela de Leo Caldas”. Do seu proxecto teatral tan só desvela que é unha comedia, “unha obra metaliteraria”.
Coa naturalidade que lle caracteriza, onte Domingo Villar compartíu unha xornada cos socios do Club Gamboa. Faloulles da relación que para el ten a vida e os libros, do que a literatura tiña significado para el. Tratou da súa experiencia como lector e o xeito en que lle influíu como escritor.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar