Dous gaiteiros unidos por un legado
vigo
Carlos Núñez presenta a transcripción de 41 obras populares interpretadas ao xeito de Ricardo Portela (1920/1992) en cumprimento a unha encarga persoal cando se cumple o centenario do seu nacemento
nnn O Consello da Cultura Galega colgou hoxe en aberto na súa web a versión dixital “De gaiteiro a gaiteiro”, a publicación da transcripción de 41 obras tocadas por Ricardo Portela (1920/1992), o gaiteiro de Viascón. O autor, outro gaiteiro, Carlos Núñez, cedeu o traballo ao que adicou anos para cumprir unha encarga do seu mestre: “Este traballo é, en realidade, unha vella misión, unha encomenda que me puxo o propio Ricardo Portela días antes de morrer”.
Núñez coñeceu ao homenaxeado cando tiña 13 anos, a comezos dos 80, no obradoiro de instrumentos populares que o pontevedrés desenvolveu en Artes e Oficios: “Del aprendín os segredos que gardaba, cada canción é unha enxeñería ornamental”, lembra ao se referir ao seu xeito de tocar dun dos audiovisuais que conforman os fondos que libera o Consello da Cultura co gallo desta publicación.
Con 16 anos, Nuñez marcha ao conservatorio de Ploemeur para aprender con Patrick Molard e Jean-Luc Moign as técnicas de ornamentación e poder recoller os temas tradicionais da gaita galega. Desta experiencia saíu a escrita da “Muiñeira de Pontesampaio”, obra que segundo o vigués, amosa unha grande dificultade: “Son 500 notas e o 60% son ornamentos que nunca se escribían e que se transmitían como información oral, este xeito de tocar dáballe o carácter a Portela, un estilo que herdou do gaiteiro de Soutelo, de Perfecto Feijóo, de Xan Campañó ou do seu mestre, Manuel Villanueva de Poio”.
Con este sistema de transcripción, Carlos Núñez logra plasmar a maneira de tocar da que Portela foi o derradeiro representante: “Combinaba o sistema pechado, co semipechado e incluso co pechado completo, que era o máis antigo”. Supuña un gran problema recoller por escrito esta alternancia de sistemas.
Cando Portela leu en 1991 as partituras da “Muiñeira de Pontesampaio”, pedíulle a Carlos Núñez que escribise a súa interpretación de “Aires de Pontevedra”, tema que o gaiteiro vigués considera un himno actual da música celta. “Sempre pechamos con este tema os nosos concertos e hoxe tócano gaiteiros de todo o mundo; eu aprendino directamente de Ricardo Portela que foi o último eslabón dos gaiteiros de Pontevedra, pero que posiblemente estivera activo na Idade Media”.
Núñez explicou que lle levou máis de 30 anos cumprir coa encarga que lle fixera Ricardo Portela, aínda que de xeito máis ampliado. O de Viascón non tiña repertorio propio, tocaba música tradicional, pero cun xeito único que agora queda recollido.
“Nos anos cos Chieftains, servíu para non perder a cabeza”
Carlos Núñez explica que Portela aprendeu “Aires de Pontevedra” na migración, en Caracas, e pasou aos gaiteros escoceses que volveron a lle dar o son antigo: “A diferencia da música clásica, a celta nunca ten unha obra acabada, continúa sempre en movemento”.
No labor de transcripción do repertorio de Ricardo Portela ao longo de décadas que compaxinou con concertos e xiras. “Nos anos intensos de colaboración cos Chieftains coas estrelas da música o traballo coas pezas de Ricardo Portela foi unha viaxe filosófica de interior que me servíu para non perdeu a cabeza e levar a Galicia dentro mentres estabamos a dar a volta polo mundo”.
Para Carlos Núñez, “cada obra de Portela é unha obra de arte” e con esta publicación accesible a todos “deixamos a disposición das novas xeracións melodías e o xeito de interpretar”.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar