“É o mellor premio que se pode recibir porque ven de Vigo e do feminismo”

María Xosé Porteiro Vicevaledora do Pobo

ana fuentes. vigo
Publicado: 29 feb 2020 - 01:57
A viguesa María Xosé Porteiro.
A viguesa María Xosé Porteiro.

María Xosé Porteiro, xornalista, escritora e que en política ten pasado por diferentes cargos, recibirá o día 13 de marzo o premio Ernestina Otero nunha cea en Vigo.

Qué significa este premio?

É o mellor premio que se pode recibir porque ven do meu lugar, que é Vigo, e do feminismo, que é o que máis me enche. E ven de mulleres que estaban conmigo no principio e outras que se foron incorporando.

Foi a primeira concelleira de Muller en Vigo e Galicia.

A primerira de Galicia e a terceira de España. Era o ano 1987.

E cómo lembra esa época?

En Vigo había un movemento feminista moi potente e a Concellería da Muller puxo os medios para cumprir o que pedían. A primeira casa de mulleres maltratadas ou o centro acollida non foron ideas miñas, senón que estaban no feminismo vigués. Cando a política vai ao lado ou incluso por detrás da sociedade é cando ten sentido. Si algo xustifica estar en política é para poder respostar a demandas xustas. Creo que as compañeiras recoñecen que puxen as bases da xestión política feminista en Vigo. O mérito é compartido.

Temos avanzado como esperaban en 1987?

Si. O cambio é trascendental. Non hai mais que ver as manifestación do 8 de marzo, a lexislación e a reacción do patriarcado, que tenta afogar esto como sexa. Esa é a mellor resposta de que estamos facendo unha revolución.

Cre que podería haber retrocesos?

O retroceso sempre é posible pero temo máis a reacción do neoliberalismo, as mafias que controlan a prostitución, porque cando a réplica ven da política é politica, pero é máis difícil cando veñen as respostas camufladas como se fosen dereitos, como os ventres de aluguer.

Contenido patrocinado

stats