Evaristo Pereira, novo membro de Instituto de Estudios Vigueses
Con IEV editou o seu debut como autor único con “Sempre Benéfica Cidade de Vigo
Evaristo Pereira (Vigo, 1959) é o novo ingreso no Instituto de Estudios Vigueses (IEV), tal e como el mesmo anunciou onte a través das redes sociais. “É para min unha gran satisfacción e ledicia a elección en incorporarme como novo membro”. Asegurou que, “como vigués e amante da da historia da nosa cidade” safisfácelle “compartir e ser parte dun colectivo de grandes sabios e coñecedores da historia de Vigo, perosas que me acolleron sempre con cariño e amizade”.
Deseñador gráfico e ilustrador, Pereira ten colaborado como debuxante publicitario en axencias locais e nacionais en diversas campañas publicitarias. Ilustrou publicacións para diversos autores, entrou en Xerais da man de Xosé Guillermo para iluminar o primeiro diccionario da lingua. Traballou en distintos traballos do propio Instituto de Estudios Vigueses como o de Antonio Giráldez “Los tranvías de Vigo en el recuerdo”.
Con IEV editou o seu debut como autor único con “Sempre Benéfica Cidade de Vigo. Historia ilustrada dos repatriados da guerra de Cuba e Filipinas. Vigo 1998 ”, onde as ilustracións son o eixo central da publicación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar