Feijóo: “É a partida de nacemento do galego”

O RETORNO DAS CANTIGAS DE MARTIN CODAX

nnn O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou o día de onte como “un momento moi especial”. A chegada do pergamiño Vindel, asegurou, “fainos sentir orgullosos da nosa lingua, que proba que pese a ser un pobo pequeno en tamaño, é grande en cultura”. Para Feijóo, a recuperación deste documento medieval ten un grande valor, xa que “é a partida de nacemento do galego”, puntualizou, engadindo que o Vindel “acredita o galego como un pobo con cultura”. Asemade, o presidente da Xunta aproveitou a súa intervención ante os medios, agradecendo á Consellería de Cultura e á Universidade de Vigo o esforzo realizado “para recuperar o pergamiño no que as primeiras palabras que aparecen refírense ao mar de Vigo”. Ante o documento medieval apostou por seguir protexendo á lingua que aínda perdura.n

Contenido patrocinado

stats