“O feminismo é un movemento ideolóxico, onde a muller é libre, sen militancia”
MARÍA XOSÉ QUEIZÁN Premio Ernestina Otero 2019
nnn O Consello de Muller outorgou este ano o Premio de Igualdade Ernestina Otero á María Xosé Queizán (Vigo, 1939) pola súa traxectoria na loita feminista. Escritora, docente e activista, Queizán recibe con orgullo este galardón, que lle será entregado mañá, nunha cea no hotel Coia.
Ademais do significado do premio, este galardón ten un doble valor pola recuperación da memoria de Ernestina.
Dende logo. Foi unha mestra republicana moi importante en Galicia por impoñer novas expectativas. Temos que ter presentes e nomear a estas persoas que nos precederon no ensino cando unha muller profesora era moi raro. En Galicia só hai 50 anos de ensino obrigatorio, o que deu a oportunidade á muller de acudir á escola e abandoar o analfabetismo. En pouco tempo conseguimos ser maioría nas universidades en tódolas ramas. A calquera se lle ocorre pensar onde estaríamos se non chegamos a ter prohibido o acceso á educación durante tantos anos.
O seguinte paso é acadar a igualdade nas cotas de poder?
Eso sería fantástico. A través dun lei se logrou que foran estudar e vai chegar un momento en que desbordemos tódolos teitos de cristal. Somos maioría e temos que estar nos postos de decisión.
Como feminista e activista histórica, que opinión lle merecen os posicionamentos de Vox cuestionando a violencia machista?
Ladran porque cabalgamos. Nós temos que seguir cabalgando aínda máis forte.
O ano pasado marcou un punto de inflexión no 8M. Colocou o listón moi alto?
O feminismo é un movemento político e ideolóxico. Temos por un lado a teoría e por outro a acción. Non é un partido político, e as mulleres teñen total liberdade, non hai militancia. Somos libres. Por iso non se pode prever nada. Sería normal que nesta ocasión participasen máis mulleres nos actos, pero non é obrigatorio. De non se producir un fenómeno como o do ano pasado, iso non ten que levarnos a pensar nada negativo, nen sacar conclusións.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar