O García Barbón acollerá o cumio do folk galego con ‘Danza 3’
vigo
O vigués O Fiadeiro únense con Xacarandaina, de Coruña, mais Cantigas e Agarimos, de Santiago, para levar 150 artistas ao escenario
nnn Anos de traballo de campo e de investigación deron lugar ao proxecto “Danza 3”, que o domingo, 13 de outubro, fará a súa estrea no teatro García Barbon. Son pois, tres grupos de tres cidades distintas, O Fiadeiro, de Vigo; Xacarandaina, da Coruña e Cantigas e Agarimos, de Santiago, integrados no colectivo XOC. Con eles subirán ao escenario 120 artistas entre bailaríns, percusionistas e gaiteiros. “Este espectáculo xorde na necesidade de difundir o noso patrimonio inmaterial; foi moito tempo e moitos lugares percorridos nas recollidas para traer a cultura que doutro xeito ía desaparecer, pertence a tradición oral que se foi trasmitindo de xeración en xeración; non queremos ser nós os que na época da comunicación perdéramos este patrimonio”. Así, Miguel Ángel Pena, de O Fiadeiro, presentou esta proposta colectiva como “unha vitrina dun museo”.
Quique Peón, de Xacarandaina, explicou que “Danza 3” naceu como un espectáculo de rúa, “para asegurar que o folklore de calidade chegue a todas partes”. Agora da o salto aos teatros para facer partícipe ás cidades desta oferta: “Non hai moitas oportunidades de ver xuntos no mesmo escenario aos tres mellores grupos de música popular”, apuntou.
Para finalizar, Pedro Brañas, de Cantigas e Agarimos, agradeceu o apoio da Xunta de Galicia e Agadic ao proxecto.
Onte presentouse á estrea na delegación da Xunta. As entradas xa están posta á venda a través de ataquilla.com con precio único de 5,80 euros.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar