“Hai case tantos tipos de humor como persoas no mundo; a comedia paréceme complicada”
LEDICIA SOLA Actriz, quen dá os primeiros pasos como monologuista
nnn Ledicia Sola (Ourense, 1978) é unha das faces con máis sona do audiovisual galego. “Vivir sein permiso”, xunto a José Coronado, é a súa última aparición na pequena pantalla. Premio Mestre Mateo 2014 como actriz de reparto en “Fenómenos”, demostrou hai uns días en Vigo que tamén triunfa como monologuista. Así, da man de Mahou, participou nos Xoves de Humor con “Falar sen permiso”, do que falou para Atlántico.
Como é o formato de monologuista para unha actriz de plató?
É un novo reto. Estou asustada e ilusionada a partes iguais. Encántame o traballo cos compañeiros sexa no plató ou no teatro, así que esta é unha nova experiencia para min, porque ademáis o formato en si mesmo de monólogo de comedia non se parece en nada ó proceso de gravar unha serie, unha peli, ou unha obra de teatro. É un xénero en si mesmo.
De que rin os galegos? Pódense diferenciar públicos por zonas ou localidades?
Iso me gustaría a min saber. Cando o vaia descubrindo, xa o conto… pero supoño, e espero, que de moitas cousas. Hai case tantos tipos de humor como persoas no mundo. Eu mesma as veces me río de cousas que so me fan gracia a min. Os públicos varían un montón. Inflúe o carácter, a zona, a idade, o tempo… mil cousas que fan que a resposta de cada público sexa única e impredecible.
Na súa traxectoria ten feito todo tipo de personaxes, é máis doado a comicidade ou a traxedia?
Paréceme especialmente complicada a comedia. Cando fas drama hai silencio no público, a uns gústalles e a outros igual non tanto, pero están ahí. O duro da comedia é que o público se comunica contigo rápidamente e xa sabes se lles gusta ou non. Se non hai risas, malo.
En que se basea para os seus textos? Haberá guiños a Vigo?
Os que conto no monólogo son partes da miña vida, das miñas experiencias. Tamén adopto anécdotas do meu entorno que me contaron ou que presenciei, pero sobre todo do que máis falo é de amor. Hai moito amor e tamén moito desamor. Ó final é o motor de todo o que fago.
Cando exerce de monologuista, os espectadores diferencian o personaxe da persoa?
Non. Non me interesaba neste momento facer personaxe. Vou a pelo, son eu mesma, falando clara, aberta e directamente o público por primeira vez, sen levar nengún tipo de máscaras.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar