“A idea é amosar como sonarían hoxe as cantigas coa diversidade musical galega”
CRISTINA PATO Directora musical do Concerto de Nadal da Universidade
Cristina Pato (Ourense, 1980) rencontrase esta noite, ás 20.30 horas, no teatro García Barbón, co público vigués, aínda que nesta ocasión, non só como artista, senon como directora musical do Concerto de Nadal da Universidade de Vigo.
Gaiteira, pianista, produtora e docente, coordina todo un festival en torno a estadía do Pergamiño Vindel en Vigo. Toda unha experiencia musical, literaria e histórica, á que explicou para os lectores de Atlántico.
Cristina Pato dirixe o Concerto de Nadal esta noite no García Barbón.
Como xurde esta producción navideña, que máis cun concerto semella todo un festival?
Nace da proposta da Universidade para montar algo ao redor do Pegamiño Vindel, algo que fixera enfase no motivo histórico. É unha celebración da coletividade, un concerto feito entre todos. O meu papel pasa por facilitar a conversa entre os artistas. Xogo coa idea de que da viaxe do pergamiño, que o levou ata Nova York e co seu regreso. Así, participa o grupo de música antiga Martin Codax, xunto as reintepretacións das cantigas por parte de Begoña Riobó, Anxo Pintos, Wöyza, Roberto Comeñasa e Ugia Pedreira co Coro da Mariña, todo un exemplo de que a tradición pervive.
Cal é a clave para lograr unha fusión de artistas tan diversos?
Representan a diversidade de Galicia. Durante estes seis meses aprendín dos expertos para tentar entender o contexto do pergamiño, sobre todo o seu carácter secular como cantigas provintes do pobo. Así a miña idea é amosar como sonarían hoxe en día, por eso non se pode limitar a un estilo concreto. Tiña que estar presente a diversidade do talento galego con cada reinterpretación. Comecei falando cos estudiosos e logo cos artistas, asigneille unha cantiga para que fixeran a súa propia versión.
E no elenco de artistas aparecerá Cristina Pato como intérprete?
Aparecerei como guía nesta viaxe; tamén tocarei a gaita e o piano, pero dentro do conxunto de músicos, e serei narradora. Un pouco de todo, como son eu. O único onde non participarei é nos arranxos.
Despois de seis meses mergullada no mundo de Martin Codax. mudou a súa visión das cantigas?
Para ser honesta, a miña relación coas cantigas era limitada. Coñecíaas, pero nunca me achegara á música antiga. O que aprendín coas arranxistas é que temos os límites no noso maxín; escoitar a Wöyza intepretando “Ondas do Mar de Vigo” ou a Riobó interpretando as cantigas emociona. Soa tan natural que queda claro que nós poñemos os límites á música.
E como intérprete, como valora agora o legado de Martin Codax á música galega?
Eu falo por boca dos medievalistas e investigadores. En seis meses non podo pretender saber máis, por iso van saír ao escenario á falar. Martin Codax é fundamental para a identidade do pobo galego. Como muller en constante movemento, vexo no Vindel unha metáfora, xa que tivo que ser en Nova York onde custodiasen as nosas cantigas como o tesouro que son. Iso deixa moito á reflexión, algo tivemos que facer mal para que as cantigas estean fora de Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar