Igrexas: "O resultado do BNG fai xustiza catro anos despois"
VIGO
O candidato municipal do Bloque, Xabier P. Igrexas, recoñeceu onte estar "enteiro pero algo canso" logo da celebración que tivo lugar na noite electoral do pasado domingo. Igrexas conta que a militancia viviu con grande satisfacción na sé do BNG o regreso da formación á Corporación Municipal e destaca que "é o triunfo de catro anos de duro traballo continuado dende abaixo", loubando a Serafín Otero, responsable local do BNG e candidato nos anteriores comicios municipais. "Serafín fixo un grande labor liderando esta remontada e o resultado fixo xustiza anos depois. En 2015 por menos de 90 votos quedamos fóra do Concello e desta vez recibiu o regreso do Bloque con moita alegría. A título persoal, estou moi contento de ter contribuído con el", admite o concelleiro electo do Bloque.
A volta dos nacionalistas ao Concello de Vigo supón un "acto de responsabilidade" coa militancia para Igrexas ao "representar o proxecto colectivo e plural" no que se define a sí mesmo como "quen se sentará no pleno para dar voz aos preto de 8.500 votante vigueses e á equipa do BNG". "Partíamos dunha situación moi complicado e recuperar presenza é algo moi digno", indica Igrexas. En canto á próxima lexislatura asegura que "debemos poñer o foco sobre o importante e deixar de convertir o pleno nun frontón de pelota vasca mal levado", recoñecendo que a ampla maioría absoluta de Caballero "non é o mellor escenario posible para facer oposición". Recoñece que nesta campaña "valoránronse os feitos por riba do que queda por facer en vivenda, cultura ou en mellorar a relación co tecido asociativo". O líder do BNG en Vigo recorda que os socialistas "non poden facer política de costas á veciñanza" e que a súa formación "corrixirá o rumbo" ante as outras forzas da oposición que "non foron alternativas" nestes últimos catro anos. .n
Contenido patrocinado
También te puede interesar