O Museo de Don Paco en Vigo actualiza a súa posta en escena
Museos
Unha nova selección das pezas da colección permanente amosa as distintas facianas do intelectual galeguista
Unha remodelación do Museo de Francisco Fernández del Riego mudou os contidos dos expositores, así como o xeito de amosalo. O tesouro cultural en torno á figura de Don Paco que custodia o Concello foi posto en valor cun novo discurso expositivo e unha posta en escena máis chamativa. Así, comisariada pola historiadora Beatriz Liz de Cea, inaugurouse onte unha revisión da exposición permanente cunha actualización dos muestrarios no museo adicado ao intelectual, instalado no primeiro andar da Casa Galega da Cultura.
Estreáronse cartelas con texto de sala revisado e unha disposición máis atractiva, así como un artellamento máis amplo do discurso expositivo. “Ata agora a colección non contextualizaba a súa biografía, que pasa a estar integrada coas pezas artísticas”. Complétase amais cun vídeo, onde o protagonista fala de si mesmo.
O obxectivo da curadora foi amosar o carácter polifacético do homenaxeado e converter o seu nun espazo expositivo do século XXI. “Don Paco foi un personaxe excepcional, cunha visión da cultura inesgotable”, sinalou pola súa banda o rexedor, quen coa reapertura dos seus fondos, asegurou que dende o Concello seguirán traballando na difusión do seu legado. “Queremos que ocupe un lugar perenne en Vigo, non só pola praza que leva o seu nome e pola pinacoteca, senón neste edificio, porque era a súa casa de verdade”, afirmou Caballero, en referencia á súa petición e aos anos que pasou no inmoble, ao fronte da Fundación Penzol, sito no piso superior.
O percorrido pola sala amosa fotografías e documentación que testemuñan o labor incesante de Don Paco no ámbito da cultura e do galeguismo, o seu contacto constante con autores tanto na diáspora como en Galicia. Baséase na súa correspondencia persoal que durante décadas mantivo na ambas orillas do Atlántico.
Os fondos do museo, doados por Del Riego ao pobo de Vigo, componse por máis de 20.000 títulos e unha colección artística, con 254 pezas de autores galegos dende finais do século XIX, con obra de Ovidio Murguía (fillo de Manuel Murguía e Rosalía de Castro), ata a última década do XX con Din Matamoro. No medio inclúe obra de Maside, Castelao, Minguillón, Díaz Prado, Torres, Colmeiro, Ruibal ou Granell. Liz de Cea tamén foi a responsable de “Nos vieiros da arte”, unha selección de estas pezas, que xunto a préstamos doutras coleccións, montáronse na pinacoteca ata comezos de ano coincidindo co seu Día das Letras Galegas en 2023.
Na publicación da súa autoría “Don Paco, letras para a arte galega”, a comisaria analiza a relación que Francisco Fernández del Riego, tivo co estes artistas galegos, sinalando “o bo ollo” que tiña para apreciar o talento e se ve na súa colección.
Contenido patrocinado
También te puede interesar