Música en familia polas Letras Galegas no Conservatorio

vigo

O Conservatorio Profesional de Música de Vigo pechou onte a súa semana da música e as letras galegas coa segunda edición de Concertos en Familia.

O Conservatorio Profesional de Música de Vigo
O Conservatorio Profesional de Música de Vigo

Alumnos do centro subiron ao escenario para tocar pezas xunto con outros membros da familia, nunha iniciativa de grande acollida de participación e público. Durante unha semana, o Conservatorio Profesional rendeu a súa particular homenaxe a Carlos Casares con actuacións musicais.

Contenido patrocinado

stats