Nigrán entra na recollida de cans e gatos abandoados
val miñor
O goberno local pide no pleno ratificar o acordo do Concello coa asociación protectora Baisenpulgas
O goberno de Nigrán proporá no vindeiro pleno ordinario de maña, 31 de xaneiro, a aprobación dun convenio coa Asociación Protectora de Animais Baisenpulgas de 5.000 euros que permita recoller aos cans e gatos abandoados na fin de semana. Actualmente o Concello de Nigrán presta servizo para cans en colaboración coa Deputación de Pontevedra (CAAN) durante a semana e, na fin de semana, únicamente nos casos considerados urxentes. Con esta proposta o goberno de Nigrán plantexa manter o convenio coa Deputación e o amplía con Baisenpulgas, entidade que desexa apoiar a tenor da importante labor que ven desenvolvendo na comarca pese aos escasos medios cos que conta. "Somos conscientes da necesidade de actuacións na fin de semana e de que o animal quede en custodia durante estes días, por iso cremos que asinar un convenio con esta protectora do Val Miñor é a mellor opción para protexer aos animais e, ao mesmo tempo, apoiar o traballo desta entidade que tanto fai altruístamente polos animais na comarca", sinala o alcalde, Juan González. Ademais, o convenio ocuparase tamén dos gatos os 365 días do ano (CAAN non os contempla) e, en caso de que sexa preciso, tamén garantirá asistencia sanitaria urxente a cans e gatos tódolos días do ano. Deste xeito, o goberno local propón un convenio no que a protectora se encargue na fin de semana da recollida dos animais abandonados (cans ou gatos) reténdoos nas súas instalacións, curándoos e alimentándoos, mentres non aparecen os donos ou ben ata a súa adopción por familias responsables.
Renóvase o cercado do espazo dunar de Panxón-Praia América
O Concello de Nigrán está a renovar todo o cercado perimetral do espazo dunar Praia América-Panxón, que presentaba moitos desperfectos polo paso do tempo. Os traballos, a cargo da empresa de inserción social Cormo Integral, teñen un orzamento de 4.570 euros e permitirán aumentar o espazo naquelas zonas onde a duna xa avanzara sobre o propio peche, como no último tramo de Praia América. O sistema empregado é o mesmo que o existente: postes de madeira de 1,3 metros de altura cunha distancia entre sí de 2 metros e tendido de arame galvanizado e plastificado en verde lonxitudinalmente (3 liñas de arame). "A nosa prioridade en Praia América-Panxón é a conservación e recuperación do espazo dunar e tódalas medidas que se tomen no areal deben ir nesa liña", dixo o alcalde.
Por outra banda o Concello de Nigrán rematou a construción de urxencia dun muro de contención no Camiño Pateira ante os signos de afundimento do vial. Este foi construído en mampostería de 'rosa Porriño' cun orzamento de 6.000 euros.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar