Oriana Méndez, Premio de Poesía Afundación
vigo
nnn Oriana Méndez, galardoada co XVIII Premio de Poesía Afundación, recibíu onte o seu recoñecemento nun acto na Sede Afundación de Vigo. Na entrega a acompañaron a coordinadora da Área de Cultura de Afundación, Marité Cores; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e o presidente do Centro PEN de Galicia, Luís González Tosar.
O premio, convocado por Afundación, a Obra Social de Abanca, co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración do Centro PEN de Galicia, foille outorgado á escritora pola súa obra "Interna".
Oriana Méndez, que é concelleira de Marea en Vigo, recolleu o seu premio e agradeceu ás tres institucións convocantes "por daren, reunidas, a oportunidade deste recoñecemento e por favoreceren, a través del, a creación literaria na nosa lingua, é dicir, por fomentaren o miolo, o momento xerminal de toda produción artística, o momento e o proceso intransferibel, inevitábel, e no caso da literatura, tamén solitario, do acto de escritura".
En palabras do xurado, a obra gañadora "caracterízase por unha voz feminina que mantén un ritmo sostido a través de versos depurados e conmovedores cheos de autenticidade e reveladores dos espazos máis privados do eu". n
Contenido patrocinado
También te puede interesar