A Orquestra 430 tocará pop-rock no concerto da Universidade

vigo

Symphonic Aysedeniz: a rock journey for piano and orchestra é o título do concerto de Nadal da Universidade de Vigo, que se celebrará o sábado 15 de decembro no Auditorio Mar de Vigo.

redacción. VIGO
Publicado: 05 dic 2018 - 01:02
A pianista turca AyseDeniz Gökçin es la estrella invitada.
A pianista turca AyseDeniz Gökçin es la estrella invitada.

A partir das 20.30 horas os máis de 50 integrantes da Orquestra Vigo 430, baixo da dirección de Carlos Rodríguez, acompañarán á pianista turca AyseDeniz Gökçin nun concerto protagonizado por pezas froito do arranxo para orquestra de temas de grupos da escena do pop-rock como Coldplay, Muse, Queen ou Pink Floyd. “É un concerto moi novidoso porque vai mesturar o mellor da música clásica co mellor do pop e o rock dos últimos 40 anos. É unha proposta moi orixinal que vai axudar a moita xente a achegarse e perderlle o medo aos instrumentos clásicos”, explica o presidente da Asociación Orquestra 430, Francisco Javier Escobar, que hoxe asinou co reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, un convenio de colaboración entre ambas as dúas institucións para o desenvolvemento de accións conxuntas.

Para Manuel Reigosa o concerto deste ano “parécenos especialmente interesante porque non é unicamente musica clásica, senón que hai unha instrumentación de orquestra sinfónica e vai haber música do pop rock máis excelente que se vén producindo nas últimas décadas e será un concerto moi interesante para toda comunidade universitaria”, asegurou o reitor.

Contenido patrocinado

stats