“Pido a Galiza que confíe en sí mesma. O voto útil é o voto máis inútil”

CARME DA SILVA Cabeza de lista do BNG pola provincia

ana fuentes. VIGO
Publicado: 04 nov 2019 - 00:18
Carme da Silva.
Carme da Silva.

Carme da Silva (Pontevedra, 1966) repite como cabeza de lista do BNG e confía na representación galega no Congreso.

Esta repetición de elección, é unha segunda oportunidade?

Volvemos porque as forzas políticas españolas, nun exercicio de irresponsabilidade, non conseguiron unha lexislatura viable. Para o BNG é unha segunda oportunidade para que Galiza teña representación propia nas Cortes. Pedimos á sociedade galega con confíe en sí mesma, porque cando confía sacamos grandes cousas adiante.

Precisamente no debate dos voceiros estaban Cataluña e País vasco pero non Galiza.

Estaban o resto de comunidades históricas pero non Galiza. As forzas políticas españolas non teñen a cabeza no noso país e o que é máis duro, o corazón, porque os problemas dos galegos non lles interesan.

Ve máis posibilidades?

Na campaña pasada, a medida que avanzaba medraba a simpatía co BNG. É unha candidatura de país integrada por persoas do BNG pero tamén independentes que poñen ó país por diante para conformar unha candidatura para a sociedade galega.

Na campaña saen poucos temas galegos.

A campaña ten o seu centro en Madrid e poucos temas saen que sexan de interés para o país. Pero hai asuntos como as infraestruturas ferroviarias que son fundamentais. Acumulamos 25 anos de retrasos do AVE o que ten responsables políticos, no PP e no PSOE. Solo avanzou cando o BNG tivo representación e tivo a capacidade de entrar nos orzamentos. Precisamos un ferrocarril de proximidade que responda ás necesidades de Galiza. A crise industrial está pondo en risco miles de postos de traballo en Galicia e a nosa capacidade de avanzar e as forzas polítcas españolas no Goberno e na Xunta non fan nada. O de Feijoo é que non sei como calificalo, porque non fai nada. Se tes capacidade para tomar decisións e non as tomas é que eres cómplice.

O BNG apoiaría un Goberno de Pedro Sánchez?

Os diputados do BNG porán por riba de todo os intereses de Galiza. Nunca o fixemos e non imos apoiar un Goberno de dereitas. O que imos pór como condición ao PSOE é que Galiza teña os investimentos e recursos necesarios para dar respostas ás nosas necesidades. Temos demostrado que somos unha forza de diálogo e de acordos. Está disposto Pedro Sánchez a pór os problemas de Galiza enriba da mesa e que se lle dé solución?

Como ve os ascenso da ultradereita.

A dereita española pode estar unida, separada ou medio separada pero ideolóxicamente é a mesma de sempre, a herdeira do franquismo. Poden suavizar a faciana pero non teñen diferenzas ideolóxicas. So hai que ver as declaracións da portavoz parlamentar. O que necesita Galiza son forzas que defendan os seus intereses e a única que so ten o seu centro de decisión en Galiza é o BNG. Pido a Galiza que confíe en sí mesma. O voto útil é o voto máis inútil.

Contenido patrocinado

stats