Preludio dos Maios no Calvario

vigo

A festa da chegada da primavera teatralizarase no Casco Vello o vindeiro domingo 13

m.n. vigo localad@atlantico.net
Publicado: 01 may 2018 - 05:05
Os nenos aprendieron á danza das cintas no Calvario para dar a benvida á primavera nun acto organizado por Normalización Lingüística.
Os nenos aprendieron á danza das cintas no Calvario para dar a benvida á primavera nun acto organizado por Normalización Lingüística.

Os Maios chaman á porta e os primeiros en convocalos foron os veciños do Calvario, na zona peonal, fronte ao mercado. Cunha tregua no tempo, nenos e non tan nenos interpretaron o baile das cintas, unha das danzas brancas máis populares, que acompañan a presentación das esculturas vexetais. A iniciativa partíu da Concellería de Normalización Lingüística e contou coa asociación de Comerciantes do Calvario (Aceca) e dos vendedores do propio mercado. O programa continuará polos barrios vigueses, chegando o sábado 5 a Navia; o martes 8, á praza da Gurulla, en Coia; o mércores 9 á Praza da Independencia; o venres 11 a alameda de Bouzas e o sábado 12, á rúa Toural, en Teis.

En colaboración coa asociación A Merdeira, lévase á tradición aos máis pequenos con obradoiros divulgativos dos maios e das súas expresión populares como a danza das cintas.

Pero o día grande dos Maios terá lugar o domingo, 13 coa celebración da chegada da nova estación no Casco Vello. Como cada ano, ás 18 horas, á Praza da Constitución acollerá a teatralización da victoria do Maio sobre o Inverno, co posterior cortexo á Primavera. Na conmemoración non poden faltar os maios dos colectivos invitados, feitos con vexetais, flores e froitas. A xornada finalizará con música e coa danza das cintas, ao redor do maio do Casco Vello, situado na farola do centro de praza. Nos vindeiros días, dende a asociación do Casco Vello comezarán a preparar a festa coa elaboración dos ornamentos propios da festa.

Contenido patrocinado

stats