Os Premios da Crítica Galega renden homenaxe ao fundador Bieito Ledo
Berta Dávila, Carlos Callón, Agrupación Ío, Tanxugueiras, Teresa Táboas, Teatro Ensalle, Pepe Coira e Estrelas no Camiño foron os premiados
Os Premios da Crítica Galega cumpriron onte 46 anos coa entrega dun galardón honorífico a un dos seus fundadores: Bieito Ledo. Daqueles tempos, nos que xuntábanse case 300 persoas na súa primeira edición, a ter un apoio incondicional no mundo da cultura galega tras case 50 anos, os oito galardóns nas diferentes categorías (Creación Literaria, Investigación, Iniciativas Culturais e Científicas, Música, Artes Plásticas, Artes Escénicas Cine e Artes Audiovisuais e Cultura Gastronómica) foron a parar as mans dos seus donos neste 2023, nun acto celebrado na sede de Afundación. Berta Dávila, Carlos Callón, Agrupación Astronómica Ío, Tanxugueiras, TeresaTáboas, Teatro Ensalle, Pepe Coira e Estrelas no Camiño foron os premiados.
Baixo o lema “Galicia é un país propio, non é unha xeografía habitada” de Francisco Fernández del Riego, xuntáronse trescentas persoas representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural do país, entre as que se atopaban Ana Ortiz, delegada territorial da Xunta en Vigo; Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura ou Gorka Gómez, concelleiro de Cultura.
Conducido por o xornalista Xosé María Palmeiro. A escritora María Xosé Porteiro homenaxeou a Bieito Ledo cunhas fermosas verbas, na que salientou que de “ademais das súas facianas como editor, libreiro e escritor hai unha que nunca abandonou e que hoxe nos convoca neste acto: a do activismo cultural".
Berta Dávila destacou no campo literario grazas a obra “Os seres queridos”. Adéntrase nun modelo narrativo contemporáneo de destacada sutileza poética, según recoñeceu o xurado. “O libro negro da Lingua Galega”, de Carlos Callón, foi galardoado co premio de investigación. Un estudio cunha gran cantidade de información, combinando o ton divulgativo co rigor. A Agrupación Astronómica Ío foi premiado pola súa iniciativa científica. O feito de conseguir poñerlle a unha estrela o nome de Rosalía de Castro foi mérito suficiente.
As Tanxugueiras foron o premio da música polo seu compromiso coa identidade e a lingua galega. Teresa Táboas fixose co de Artes Plásticas grazas a súa arquitectura humanista asentada no territorio galego. Os vigueses do Teatro Ensalle foron recoñecidos polas súas dotes escénicas, tras vinte anos sendo o espazo escénico independiente de referencia na cidade. O guionista lucense Pepe Coira recibiu o galardón do Cine e as Artes Audiovisuais trala súa prolífica actividade e compromiso coa creación audiovisual en Galicia.
O premio da Cultura Gastronómica foi parar a Estrelas no Camiño, unha das reunións máis importantes do sector en España que celébrase na localidade de Gonte (A Coruña). Alí se achegan os máis relevantes profesionais da enoloxía e da crítica para degustar produtos esencialmente da terra, enmarcados baixo o selo Galicia calidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar