A Primavera volveu vencer ao Inverno no auxilio do Maio
Vigo
Fátima Suárez Álvarez, responsable da teatralización desta fiesta no barrio histórico recibíu o distintivo do Casco Vello
Branco e flores foron a cor e os complementos dominantes na festa dos Maios, que onte se celebrou na Praza do Berbés, organizada pola Asociación de Veciños do Casco Vello.
A teatralización, que distingue a celebración do barrio histórico, volveu a ser en clave feminina. Como o ano pasado, coa chegada do Cuco, a Primavera saíu en auxilio do Maio e venceu a un Inverno que se resistía en abandoar o seu dominio. Fixo entrada, levada en alto baixo a arcada vexetal, que formaba o Maio realizado polo Casco Vello. Xa triunfadora, presidíu xunto a súa parella (O Maio) os bailes de cintas, que lle rendían pleitesía.
Pero na festa tamén estiveron invitados colectivos sociais con cadanseu Maio: O CEIP Ramón y Cajal, a Escola Infantil Tranvía de Santa Marta, a ANPA do CEIP Frián de Teis, o grupo da Terceira Idade das Carmelitas e o grupo Os Ninguéns, que acudiron ao escenario baixo o berro “non hai dereito a vivir sen teito”. A música tradicional amenizou, a cargo da banda de gaitas do Casco Vello, a celebración coa que se da a benvida á estación das flores, dos froitos, da vida e do bo tempo.
En canto aos recoñecementos, este ano, a Asociación decidíu facer entrega do seu Maio honorífico a Fátima Suárez, socia e unha das creadores da teatralización dos Maios, que xa se convertíu nun cita cotiá do Casco Vello.
O programa de festas, que comezou xa pola mañá con obradoiros infantis e actuacións musicais, foi clausurado coa actuación do grupo O Mellor de Cada Casa dende o palco instalado na mesma praza do Berbés.
Contenido patrocinado
También te puede interesar