Rubén Pérez: ‘Marea de Vigo aposta pola xustiza social’
Vigo
Na pegada de carteis mostrouse seguro da “forza determinante que terá a candidatura”
A candidatura da Marea de Vigo comezou a campaña cun acto que tivo lugar na praza de ‘El Pueblo Gallego’, onde se fixo unha pegada simbólica de carteis.
No acto participou toda a candidatura de unidade popular. O candidato á Alcaldía, Rubén Pérez, destacou na súa intervención a boa acollida que está a ter a proposta da Marea de Vigo entre os colectivos e a cidadanía coa que se ten reunido para a confección do Programa Vivo da formación. “Estamos ante unha oportunidade histórica para amosar que Vigo non é unha cidade disposta a dar ‘carta branca’ para o seu goberno, xa que, para avanzar, é necesario o diálogo e a aportación de diferentes puntos de vista”. Neste sentido, o candidato da Marea de Vigo lembrou que a democratización da política municipal e a aportación de ferramentas para garantir que a opinión da veciñanza sexa tida en conta para a toma de decisións é unha das principais liñas programáticas desta formación.
Para a número dous, Oriana Méndez, de Anova, a agrupación é “un espazo aberto e disposto a seguir sumando vontades por todo aquilo que nos une: solidariedade e distribución equitativa dos recursos, participación cidadá, servizos pú- blicos de calidade para todas as persoas”.
Pola súa banda, o número tres, Xaquín Pastoriza, de Podemos, lembrou a aposta de Marea de Vigo pola xustiza social e a igualdade. Expresou o seu compromiso de que a política social municipal acade os 100 euros por habitante.
Estela Miller, de Esquera Unida, que ocupa a cuarto posto na candidatura da Marea de Vigo, puxo en valor o lema co que esta formación presenta o seu modelo de cidade: “Polo ben común”. Asegurou que seguirán a traballar para que “servizos como o subministro de auga ou o saneamento volvan a ser da veciñanza mediante a súa remunicipalización, como corresponde a un ben común de importancia vital”. Anunciou que traballarán por un transporte metropolitano cun carácter completamente público.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar