Salustiano Mato: “Fainos estar orgullosos do que somos”

O RETORNO DAS CANTIGAS DE MARTIN CODAX

nnn Salustiano Mato, reitor da Universidade e un dos principais responsables da chegada do Vindel a Vigo, asegurou onte que pese ás dificultades que se atoparon “é un día feliz para toda Galiza porque queda aberta a exposición aquí no Museo do Mar para que tódolos galegos poidan disfrutar”. Sinalou que o Vindel “fainos sentir orgullosos do que somos e da cultura tan importante que se deu aquí no Medievo”. Reseñou que esta riqueza “foi conservada polo pobo, acontecendo o contrario que hai 800 anos, en que o galego era das clases privilexiadas”. Aplaudíu que pese a tódolos avatares foron as clases populares quen “mantiveron vivo o que somos e aquí se amosa que a nosa cultura foi predominante e potente”.n

Contenido patrocinado

stats