A serie “Auga seca” consolida a Vigo como cidade de rodaxe

Vigo

Unha co-producción galaico portuguesa que amosará localizacións en Canido, o Náutico, Guixar, O Castro ou en rúas do centro urbano

ana baena.. vigo
Publicado: 04 jun 2019 - 02:09
José Amaral (SP-i), Alfonso Blanco (director da serie), Isabel Correira (RTP), Victoria Guerra (actriz), Rosa Vilas (TVG) e Jacobo Sutil (Agadic), onte.
José Amaral (SP-i), Alfonso Blanco (director da serie), Isabel Correira (RTP), Victoria Guerra (actriz), Rosa Vilas (TVG) e Jacobo Sutil (Agadic), onte.

“Auga seca’ so podería ter acontecido en Vigo; a cidade tamén é a protagonista e a nosa aposta sempre ten sido por en valor o lugar onde acontecen os gritos”. Así, Alfonso Blanco, director da productora coruñesa Portocabo, presentou onte no Real Club Náutico a nova co-producción galego-portuguesa de ficción onde tamén colaboran a TVG, a RTP e a productora lusa SP-i. O inicio da rodaxe coincidíu coa estrea en Netflix de “Alta mar”, outro thriller que comeza co embarque nun crucero de luxo no porto vigués. Son dous exemplos máis de Vigo como destino da industria cinematográfica.

Trátase dun thriller que se presenta en seis capítulos de 50 minutos, que se comezou a rodar en Cabo Estai o luns pasado e que se prolongará oito semanas máis con sesións en Vigo ata o 19 de xuño. A vindeira primavera o equipo trasladarase a Lisboa para as esceas ao sur do Miño. Blanco destacou a interese dunha rodaxe naturista, polo que os actores expresaranse en galego e en portugués según onde transcurra a accións, sen doblaxes posteriores. O Náutico, Guixar, O Castro, rúas da cidade, escenarios entre Samil e Nigrán e así ata catorce localizacións conforman os exteriores que darán o salto á pantalla: “A trama está moi volcada no mar, de aí a importancia de Vigo”, sinala Blanco.

Involucra a un equipo técnico e artístico de máis de 150 profesionais, entre os que hai unha importante representación viguesa, con 30 técnicos. “Queremos aproveitar o talento vigués, levamos máis de dos meses e medio facendo probas para completar o equipo”, apunta o director. Nos papeis principais, Sergio Pazos comparte protagonismo con Monti Castiñeiras. Ademais, uns 600 extras participarán como figurantes. No elenco tamén haberá representación portuguesa coa actriz Victoria Guerra encabezando a comitiva lusa.

Na comparecencia ante os medios, Blanco estivo acompañado por Rosa Vilas, adxunta ao director xeral da TVG, que sumou “Auga seca” á aposta que a televisión pública galega ven a facer nos últimos anos a favor das produccións de ficción: “Nace cun concepto local pero con capacidade de viaxar, a súa importancia radica en que amosa a realidade que ten que ver co noso país”. Vilas mostrouse convencida de que a historia “ía namorar o mundo”. Así, lembrou o suceso que acadou a anterior colaboración con esta productora e a RTP, “Vidago Palace”.

A implicación portuguesa estivo representada na rolda de prensa polo director da productora SP-i e por Isabel Correia, directora de RTP Porto. Ambos amosáronse moi satisfeitos coa co-producción que calificaron de “privilexio”. Mentres Amaral sinalou que a participan porque “queremos ser mellores”, Correia indicou que as colaboracións internacionais “será o futuro para garantir os grandes proxectos de televisión e de calidade”.

Tamén intervíu o director de Agadic, Jacobo Sutil, xa que a serie conta cunha subvención de 260.000 euros, seguindo os criterios de “a calidade da proposta, o guión, o interese cultural, que inclúe a rodaxe en galego, así como o uso de medios, talento e localizacións galegas”.

A serie xorde cunha clara vocación internacional dende a súa producción luso- galaica e xa se venderon os dereitos de emisión a países como Finlandia, Noruega ou distribuidoras como a británica DCD Rights para América latina e a canle estadounidense AMC para os países de America Latina.

Prevese que chegue as pantallas galega e portuguesa simultaneamente a comezos de outono cunha primeira programación sobre outubro de 2020.

Thriller con sabor a mar onde nada é o que parece

A actriz portuguesa Victoria Guerra representa a Teresa, a afillada de Mauro Galdón, un coñecido empresario vigués relacionado co tráfico de armas, interpretado por Monti Castiñeiras. “Eu non podo contar nada do meu personaxe, está mesmo na base de todo e ten moita relación con Vigo”, apuntou a actriz na comparecencia de onte. Asegurou que o dinamismo da trama dun episodio a outro foi o que máis lle gusta da serie.

A trama comeza coa morte de Paulo Duarte (irmá de Teresa), que aparece cun disparo no porto industrial, un aparente suicidio que non convence a ninguén. A investigación policial é dirixida polo xefe da unidade, Viñas, a quen dá vida Sergio Pazos. O reparto complétase con Eva Fernández, Cris Iglesias, Manolo Cortés ou Tacho González. A primeira pista da investigación do asasinato leva a una asunto moito máis enredado que irá crecento ata destapa unha rede de tráfico de armas que opera entre Europa e África, e onde Lisboa tamén xoga un papel importante.

“En ‘Auga Seca’ nada é o que parece, comezando polo título que fai alusión a un auga en po”, indica o director, mantendo a intriga.

Contenido patrocinado

stats