Os socialistas, contrarios ás taxas de Portos de Galicia en Cambados

ELECCIONES 12-J

redacción. cambados
Publicado: 03 jul 2020 - 03:11
David Regades e parte da lista do PSdeG con Fátima Abal en Cambados.
David Regades e parte da lista do PSdeG con Fátima Abal en Cambados.

A candidatura do PSdeG-PSOE ás próximas Eleccións Autonómicas estivo en Cambados para interesarse pola problemática deste municipio con Portos de Galicia, que coa súa política recadatoria no relativo ao cobro de taxas por ocupación de terreos de afectación portuaria supón un auténtico lastre ao desenvolvemento socioeconómico da bisbarra.

A alcaldesa, Fátima Abal, recibiu aos membros da candidatura e ao

secretario xeral, David Regades, aos que deu conta da gran cantidade de obstáculos e problemas que teñen a súa orixe nun órgano autonómico que, en lugar de colaborar co Concello, dedícase a poñer obstáculos por puro partidismo. A alcaldesa reiterou a súa petición de que Portos ceda ao Concello os terreos afectados ou que asine un convenio para costear os gastos.

Contenido patrocinado

stats