"Son conscente de que só sería presidente da Xunta nun goberno de coalición"

XOAN BASCUAS Candidato de Compromiso por Galicia á Xunta

"Estamos polo cambio do goberno na Xunta cunha proposta mínima en común, o PP só ten o apoio de Ciudadanos"

jose teo andres. VIGO localad@atlantico.net
Publicado: 15 sep 2016 - 11:30
Xoán Carlos Bascuas, no Museo do Mar de Galicia, en Vigo.
Xoán Carlos Bascuas, no Museo do Mar de Galicia, en Vigo.

n n n Xoán Carlos Bascuas Jardón, (Hesse, Alemania 21 de septiembro de 1970), é profesor universitario. Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidad Complutense de Madrid, secretario xeral de Compromiso por Galicia (CxG) e o seu candidato á Presidencia da Xunta. Leva na campaña dun lado a outro de Galicia para explicar o seu proxecto "socialdemócrata e galeguista". Hai anos estivo no BNG, como boa parte dos militantes do CxG e mesmo fora delegado de Vivienda na Coruña durante o goberno bipartito na Xunta de Galicia (PSdeG-BNG) (2005-2009). En 2012 deixou o BNG coa corrente Máis Galiza, que deu lugar no congreso fundacional de Compromiso por Galicia a súa elección como o primeiro secretario xeral da nova forza.

Como veu o debate?

Creo que a cidadanía galega pudo facerse una composición do que son estas cinco forzas... e o digo como unha ironía. Porque pudo ver a carencia de propostas e que non houbo debate: foi una sucesión de monólogos con reproches. En realidad, foi unha oportunidade perdida.

Estivo hai anos no BNG, como o ve hoxe?

Estou en Compromiso por Galicia e penso que é a cidadanía a que ten que determinar a nosa posición. O que pensé do BNG como organización non ten interés.

E que pensa da Marea?

Tres cartos do mesmo, non teño que opinar doutras forzas. Xa se ve na prensa como se axitan no seu interior. Eu o único que atendo e pola propostas que fan e se compactan coas nosas.

Pregunto por Marea porque en Compromiso houbo un movemento para integrarse.

Si, pero foi resolto con brillantez democrática, sen dirixismo. Non foi adiante porque o dixeron os militantes. A maioría quería seguir polo noso camiño e outros pensaban que era mellor entrar na Marea. Pero o 71 por cento dixo que había que seguir, e era unha maioría moi clara.

Xógase todo Compromiso nestas eleccións? Pensa que hai espazo para a súa forza?

Creo que é evidente que si, esta é una forza galeguista e socialdemócrata, un espazo que ninguén ocupa. Hai quen di no seu discurso que é galeguista cando o que fai é obedecer a súa base en Madrid. É o espazo onde se sitúa a cidadanía galega, pero queda moito traballo para acadar esta maioría social, moita paciencia e traballo. En política un xogase todo de forma constante.

No caso de que dependera de Compromiso o futuro Goberno galego, que faría?

(Sorprendido pola pregunta) Estamos polo cambio de goberno. Ao PP só apoia Ciudadanos. Estar a prol do cambio do goberno non quere dicir entrar nun goberno. Pero para apoiar fai falla ter programas por diante e chegar a unha proposta mínima común. Certamente, unha das grandes achegas sería poder coser un goberno de coalición.

Se fóra presidente?

A primeira medida, en política social, para mandar unha mensaxe de rexenración democrática e impulso económico. Unha medida sería apoiar directrices do territorio: é a chave para equilibrar o interior coa liña da AP9.

Unha promesa a cumplir?

Temos compromisos e os queremos levar todos adiante, alguns son sectoriais e outros trasversais. Temos un programa serio e riguroso, con medidas concatenadas entre elas. Malia que somos conscientes que se fora presidente sería nun goberno de coalición.n

Contenido patrocinado

stats