Tres mulleres e un home lograron ser ‘Novos Talentos’
Vigo
El Amine Asselman, Elena Matamoro, Rosa Pardal e Alba Castillo recibirán axudas da Deputación para seguir a súa formación
nnn Mohamed El Amine Asselman, coa obra ‘Ordersound’, Elena Matamoro Gómez de los Infantes, coa peza ‘La mirada que escucha’, Rosa Pardal Aragunde, coa fotografía ‘Habitación nºA’, e Alba Castillo Costa, coa escultura denominada ‘Maleza’ resultaron gañadores das catro bolsas do certame Novos Valores na súa edición de 2019, outorgados pola Deputación Provincial de Pontevedra.
O xurado considerou que as pezas presentadas, xunto coas propostas de proxectos a desenvolver, e a traxectoria das persoas gañadoras (estudantes, máster ou doutorandos na Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo) merecían o recoñecemento de entre as 110 persoas aspirantes. Os galardonados recibirán 7.500 euros para continuar os seus estudos.
As pezas gañadoras xunto a outras 31 seleccionadas polo xurado conformarán a exposición Novos Valores 2019, que se mostrará no Sarmiento do Museo de Pontevedra do 8 de agosto e ata o 15 de setembro. Son sete pinturas, nome fotografías, tres debuxos, cinco esculturas, un vídeo, sete gravados, e tres creacións denominadas ‘varias’.
A obra de Mohamed El Amine Asselman, ‘Ordensound’, inclúse en “varias” por pretender unir a música e os mosaicos xeométricos por ter unha estrutura moi parecida. Busca unha linguaxe propia para traducir visualmente a música, presentándose cinco pezas enrolladas en bobinas de latón e expandidas no espazo.
‘La mirada que escucha’, de Elena Matamoro, é tamén unha creación relacionada coa música. Pretende representar a aleatoriedade da natureza en sons. Coa observación, rexistro e análise da forma en cada imaxe traduce á escritura musical en pentagramas, claves e notas.
‘Habitación nºA’ é a fotografía seleccionada polo xurado e realizada por Rosa Pardal Aragunde. Pertence a unha colección de fotografías nas que amosa unha visión persoal sobre a contorna rural e “na que se ve representada a autocreación dunha muller saída do seu cadro e cosendo a súa propia vestimenta, ao seu gusto e sen nada que agardar das opinións dos demais”.
Alba Castillo Costa presentou ‘Maleza’, unha escultura que mostra a paradoxa dun mundo real no que a natureza e o natural carecen de sentido e no que cada vez todo é máis artificial. “É por isto –di a autora- que a maleza, a espesura, o horror vacui de plantas, resalta en partes con material de ouro –por excelencia na ornamentación barroca- que nos fai fixar a mirada para atoparnos cuns ollos que nos observan. Maleza é o que nos invade, o que nos rodea e a través do que nos podemos agochar”.
O xurado estivo composto polo director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey García; a artista Itziar Ezquieta Llamas; a comisaria de arte, Mercedes Rozas Caeiro; a decana de Belas Artes, Silvia García González; a crítica e profesora da Facultade, Susana Cendán Caaveiro; o deputado da Deputación de Pontevedra Carlos López Font; o secretario da Deputación de Pontevedra, Carlos Cuadrado Romay; e o director do Museo de Arte Contemporánea, Miguel Fernández-Cid Enríquez.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar