La triunfadora 'O Corno' se estrena en Vigo por todo lo alto
“O Corno”, o filme gañador da Concha de Oro no Festival de Cine de San Sebastián, estrenouse en Vigo e a súa directora acudiu a première
“O Corno” chega as salas comerciais, 82 en toda España y 24 en Galicia. “Todo un hito en versión orixinal”, apunta Jaione Camborda, que onte acudiu á première nos Támberlick e nos Multicines Norte. En declaracións para Atlántico TV, afirma estar moi satisfeita coas sensacións que está a recibir do público.
A cineasta, que na estrea estivo acompañada por Janet Novás (a actriz protagonista), recoñece que dende que acadaron a Concha de Oro, “está todo a ser moi tolo, moi intenso. O bonito é ter agora o foco mediático para poder falar do filme e que se proxecte nas salas”. Nada en Donostia en 1983, reside en Santiago de Compostela dende hai 13 anos. A proxección no Festival de San Sebastián foi especialmente emotiva. “Viviuno con moitos nervos, era a miña casa natal, había moita xente que coñecía e iso pon máis nervosa que calquera crítico”.
Partía como unha das favoritas e ao ser convocada á gala sabía que estaba dentro do palmarés. “Cando comezaron a pasar os premios foi cando entendemos que podíamos ter a Concha”. A súa foi a primeira produción en galego que logrou o máximo galardón do certame de Donostia. “Estou aquí en Galicia e non me supuña ningunha dúbida de que tiña que ser na lingua. Creo que o simple cuestionamento invita a unha reflexión. Unha película en galego? Por que non?”.
Tildado de feminino e feminista, Camborda confirma que o filme pon no centro á muller. “Parte dunha necesidade de comprender cousas relacionadas coa muller: o feminismo, a sororidade, o temas dos coidados, o dereito a decidir sobre o propio corpo, a súa liberdade”
Sinala que a capacidade das mulleres de concibir e dar a luz é un dos puntos fundamentais de “O Corno”, dialogando coa vida e coa morte.
A historia comeza nunha localización, unha illa das Rías Baixas, e cunha contextualización cronolóxica, o tardofranquismo, que só se suxírese nunha omisión consciente, di. “Era importante situala nun momento histórico, onde estaba moi presente a prohibición do aborto e o control sobre os corpos, pero non quería que quedase estancado como algo histórico para establecer un diálogo co espectador”.
O filme finaliza en Portugal, nunha localidade á beira do Miño. “Percorre moitas fronteiras simbólicas impostas dende o política, ademais das reais, onde hai xente que se xoga a vida”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar