Xosé Lois Ripalda asina o libro vigués adicado á Raíña Letizia

“Eu non son monárquico, son das persoas boas, creo que as raíñas son figuras extraordinarias”, di Ripalda

Xosé Lois Ripalda, en Atlántico co seu novo libro.
Xosé Lois Ripalda, en Atlántico co seu novo libro.

O escritor afincado en Vigo, Xosé Lois Ripalda (Erbedeiro, 1940) adica o seu último libro á Raíña Letizia: “Quero reivindicar a súa persoa, facerlle unha homenaxe porque a súa é unha travesía polo deserto; involúcrase no pobo e preocúpase pola xente, considero que ten unha proverbial intelixencia e ten en consideración a literatura infantil”. A publicación “O día máis feliz dunha raíña” inclúe a carta de agradecemento do anterior xefe da Secretaría da Raíña de Zarzuela, José Manuel Zulueta, datada o 30 de novembro de 2022. “Mandeille o borrador e agora enviarelle tamén o texto xa publicado”, indica o autor.

É un conto para lectores maiores de 7 anos, publicado por Ir Indo con ilustracións e texto de Ripalda, quen considera que a figura da raíña en xeral é un feito extraordinario. “Eu non son monárquico, son das persoas boas que fagan ben as cousas”. Declárase incondicional de María Antonieta e de Cleopatra, ambas por saber morrer. A primeira “non perdeu a dignidade e soportou o insulto dos franceses camiño á guillotina” e a segunda, “suicidouse para non ser levada a Roma como un trofeo”.

Así, fala do relato como una historia ficticia “que ben podía ser real”. Preparan unha cerimonia en honor a súa maxestade, pero desaparece a coroa. Todo o mundo a busca, agás a monarca que confía en que quen a colleu devólvaa a tempo. E así, a anduriña, para quen as súas crías ven merecían un niño real, entrega a prezada xoia.

Contenido patrocinado

stats