IES Ribeira do Louro: "Vintecinco anos ensinando, vintecinco anos aprendendo"

xornal escolar

Excursión fin de curso de 4º de ESO en Berlín, na Porta de Brandenburgo.
Excursión fin de curso de 4º de ESO en Berlín, na Porta de Brandenburgo.

O IES Ribeira do Louro está inmerso tamén neste curso, dentro do marco de Programas Erasmus+. en dous Proxectos de Asociacións Estratéxicas:

-Euco2Cean STS (Modelos educativos STS para transmitir á sociedade o reto do cambio global no océano). A través deste proxecto preténdese transmitir á sociedade a importancia da investigación sobre o impacto e mitigación do cambio climático no mar desenvolvendo habilidades clave para o fomento de iniciativas empresariales favorecedoras para a creación dun entorno máis sostible do océano. Centros de Portugal, España, Polonia e Reino Unido participan nesta iniciativa que deu comenzó no pasado mes de setembro e ten unha duración de dous anos.

-Europeans for Fair Trade (Europeos en el Comercio Justo). Este é un proxecto destinado a promover valores como a participación activa en retos presentes e futuros e no desenvolvemento dun modelo de sociedade europea máis equitativa consciente e responsable no futuro a través da promoción do comercio xusto no entorno educativo. Para todo elo estanse a elaborar materiais educativos relacionados con estos valores, que ademáis de ser utilizados nos centros participantes , vanse difundir entre outros centros de formación para a súa utilización nas materias de carácter transversal.

Participan neste proxecto organizacións de Reino Unido, Suecia, España e Polonia. Ademáis da elaboración de materiais, este proxecto inclúe mobilidade de estudantes; No mes de abril visitaron o centro 9 alumnos de Suecia e 8 de Polonia acollidos a modo de intercambio en casas de O Porriño, e alternaron a asistencia a clase no instituto con visitas a outros puntos emblemáticos de Galicia. No vindeiro curso 9 alumnos de 4º de ESO e 8 de 1º de Bacharelato completarán o intercambio nestes países. Xa máis cara adentro, O IES Ribeira do Louro pretende seguir sendo dinamizador cultural da súa bisbarra polo que no marco de actividades da biblioteca, creouse este ano un Club de Lectura para pais e nais, que convocado polo Equipo de Biblioteca, mantén encontros literarios. Este club únese aos cinco de alumnos, xa existentes.

Ao longo destes anos o alumnado foi recoñecido con importantes premios e mencións no eido educativo: premios extraordinarios de Bacharelato, de Formación Profesional, premios galegos da ESO ao esforzo e superación persoal, diversos premios literarios e neste curso tamén o 1º Premio por equipos na VIII Olimpiada de Xeoloxía.

O instituto non quere aferrarse aos límites que impón o espazo físico da aula e pretende facerse eco da problématica social e colaborar con asociacións e organizacións sensibilizadas cos máis desfavorecidos como por exemplo Amnistía Internacional. O alumnado participa asiduamente en campañas solidarias e traballos literarios, este ano tiveron a tres alumnos entre os finalistas, é quere seguir apostando por esta clase de iniciativas.

Tamén siguen apostando polas actividades complementarias, necesarias para unha completa formación do alumnado: coa revista escolar “Órbita” que se edita coincidindo coa celebración dos actos conmemorativos da Semana das Letras Galegas; con dous grupos de teatro estables e cun grupo músico-vocal que fan representacións e actuacións no Instituto e noutros centros da contorna.

Actividades

Impulsadas e organizadas polos diferentes departamentos realízanse saídas didácticas ao longo de curso para ampliar e reforzar os contidos académicos aprendidos na aula. Convencidos de que a transversalidade ten que fusionarse co coñecemento no conxunto das áreas educativas, o instituto dalle visibilidade e participa nas datas conmemorativas que a este respecto se suceden durante o curso escolar: Día Internacional contra a Violencia de Xénero, Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, Día Escolar da Non Violencia e da Paz, Día Internacional de Muller, Semana do Libro, Semana das Letras Galegas, Día Mundial do Medio Ambiente e Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

E, tamén, de xeito máis lúdico celebran aquelas datas de carácter festivo como o Magosto e o Entroido nas que se desenvolven actividades nas que alumnado e profesorado participan animadamente e que teñen a súa culminación na Xornada de Convivencia que ten lugar no último día do curso.

Xa para rematar e neste ano de celebración do 25 Aniversario do centro(1992-2017); dende estas páxinas, a dirección do centro quere felicitar a todas as Comunidades Educativas que forman ou formaron parte do IES Ribeira do Louro pola súa contribución a construción dunha unha escola pública de calidade: unha escola pública plural, inclusiva e comprometida cos dereitos humáns, cos valores democráticos e coa lingua e cultura galegas.

Como reza na pancarta que estes día engalana a súa fachada, “25 anos ensinando, 25 anos aprendendo”.

Ese foi o seu cometido durante estes anos. Son moitas as familias, os grupos de alumnado, os profesores e profesoras e outros traballadores e traballadoras do centro que axudaron a facer máis doado e enriquecedor ese camiño.

Desexando, todos os implicados, que a actividade continúe así alomenos outros 25 anos mais.

A dirección.

IES. Ribeira do Louro.

Contenido patrocinado

stats